O Concello de Pontevedra, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, convoca a I Edición do Premio Literario “Pinto e Maragota” que ten como finalidade visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero.

As obras presentadas deberán ter presente no seu argumento, como temática principal ou transversal, a diversidade sexual e de xénero: orientación sexual e/ou identidade de xénero.

O xénero literario das obras presentadas poderá ser novela, teatro ou poesía, tanto para público infantil, xuvenil como adulto.

No caso de optar por novela ou obra dramática para o público adulto, o texto deberá ter un extensión total mínima de 90.000 caracteres con espazos. No caso de poesía para público adulto, sería un mínimo de 500 versos, de forma libre.

Cada autor ou autora poderá presentar cantas obras quixer, en envíos separados.

Establécese un único premio de tres mil (3.000) euros, que estará suxeito ás retencións legalmente establecidas e fará efectivo o Concello de Pontevedra.

As obras presentaranse en formato dixital (CD ou memoria USB) no seguinte enderezo:

Centro de Información á Muller Concello de Pontevedra (CIM)

Praza José Martí

36002 Pontevedra

As persoas concorrentes deberán indicar no exterior do sobre ou paquete:

“Para o I Premio Literario PINTO E MARAGOTA”.

O prazo de presentación pecharase o xoves 23 de ABRIL do 2020.

Podedes descargar as bases no seguinte enlace: