Pinto e Maragota
Pinto e Maragota é o programa Municipal de Pontevedra para a Diversidade Sexual, coordinada pola Concellería de Igualdade.
O OBXECTIVO desta iniciativa plan é favorecer a vida en igualdade de condicións das persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e doutros colectivos respectando a súa diversidade sexual e de xénero. A través da creación de políticas municipais para promover, defender e garantir os dereitos do colectivo LGTBIQ+, favorecer a súa visibilización e promover a empatía do conxunto da cidadanía cara o colectivo.
Pinto e Maragota busca:
*Coordinar as actuacións que desenvolve o Concello para o colectivo.
*Incorporar a perspectiva LGTBIQ+ no ámbito e nas decisión municipais
*Sensibilizar á poboación para combater a LGTBIQ+FOBIA e darlle visibilidade ao colectivo.
*Atender á poboación LGTBIQ+ e ás súas familiar para combater a discriminación e lograr o recoñecemento da diversidade afectivo-social.


Para iso, Pinto e Maragota organiza:
*Actividades formativas para dar a coñecer a realidade da problemática LGTBIQ+: congresos e cursos
*TRANS-FORMANDO o mundo seguimos coas actividades nos centros de ensino secundario de cara a dar a coñocer e promover o debate, o coñecemento e a empatía co colectivo LGTBIQ+ en xeral e coa comunidade TRANS en particular
*Encontros lectores e clubes de lectura arredor da diversidade sexual: ver como o libro e a lectura reflicten a diversidade sexual da nosa realidade e axudan a conformar relatos diversos que mostran unha sociedade aberta e plural.
*Ciclos de cinema LGTBIQ+, filmes que traten a diversidade sexual e que por imperativos comerciais non cheguen ás salas comerciais.
*Activividades para o público infantil destinadas a sensibilizar ao público máis novos sobre a necesidade de respectar a todas as persoas independientemnte da orientación sexual e a identidade de xénero, apostar por un ocio inclusivo.
*Posta en marcha do proxecto: Radio Diversa, unha canle de comunicación na rede destinada a que colectivo LGTBIQ+ fale con voz propia.
*Faladoiros diversos destinados ao conxunto da cidadanía, de cara a fomentar o coñecemento da actual situación do colectivo LGTBIQ+ e nivel legal, social, político, mediático… prestando máis atención aos sectores máis descoñecidos do colectivo.
*Poñer os cimentos para botar a andar o OBSERVATORIO LGTBIQ+ na cidade, implicando á mocidade de ESO e Bacharelato de Pontevedra, fomentando proxectos de análise, crítica da actual situación do colectivo na nosa cidade, así como analizar a percepción que a cidadanía ten do colectivo.