Con motivo de coñecer o estado da LGTBIQfobia nos centros de ensino de Pontevedra, “Pinto e Maragota” bota a andar unha enquisa destinada a centros de Ensino Secundario de Pontevedra, para que responda tanto o alumnado como o profesorado dos centros.

Non hai respostas correctas ou incorrectas, pregamos que contestes en total liberdade, o anonimato está garantido. A vosa opinión é moi valiosa para nós, grazas por responder e por animar aos teus compañeiros/as a facela tamén.

É importante que respondas a todas as preguntas. Deste xeito, axudarasnos a ter maior e mellor información sobre a temática abordada.

Grazas!